xoves, 5 de xuño de 2025

PRÉSTAMO ESPECIAL DE VERÁN

Se che gusta o verán e as lecturas na praia, entón estás de sorte, porque abrimos o Préstamo especial de verán na última semana de maio e a primeira de xuño en horario reducido.

Achégate á biblioteca e leva unha bolsa co logo da Escola e os teus libros favoritos, dos que poderás gozar durante todo o verán.

Aproveita o tempo extra de préstamo!

GAÑADORAS CUESTIONARIO DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Velaquí as gañadoras do cuestionario multilingüe co que celebramos o Día Mundial do Teatro. As premiadas escolleron unha lectura como premio, da que esperemos que gocen. Parabéns!


Es usuario/a da biblioteca? Gústaríache axudanos a mellorar o seu funcionamento? Responde a esta enquisa antes do 31 de maio. Preme na ligazón para completar o formulario.

venres, 25 de abril de 2025

REVOLUÇÃO DE 25 DE ABRIL

Revolução de 25 de Abril: aproveita a data de hoxe para mergullarte nas lecturas, bandas deseñadas, música e filmes que temos a disposición sobre este momento histórico. Atoparalas diante da biblioteca🌹

mércores, 23 de abril de 2025

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Hoxe desexámosvos un feliz Día do Libro, como non podía ser doutro xeito, cunha bibliorrecomendación en italiano. Atopades "La portalettere" na nosa biblioteca. Grazas, Susi!


As vosas bibliorrecomendacións tiveron premio. Parabéns!