mércores, 30 de outubro de 2013

MICHAEL HANEKE


O cineasta, que o pasado venres recolleu o Premio Príncipe de Asturias das Artes en Oviedo, escúdase tras dous principios: o primeiro, que o cine é indicible, e calquera intento de explicación perverte a súa natureza. O segundo, en palabras do mesmo Haneke: "Cando enfrontas o espectador a unha verdade incómoda intentará escapar dela e unha solución é analizar a personalidade do director buscando unha xustificación".





Na nosa biblioteca: Das weisse Band, Warner Home Video Germany, 2009

martes, 29 de outubro de 2013

ALICE MUNRO

Premio Nobel de literatura aos 82 anos. Outra ocasión para descubrir a escritora canadense. Para empezar podes escoitala falando do que lía cando era pequena, da súa vida, das súas experiencias. Que sorte todos os que poidades lela na súa versión orixinal porque sabedes idiomas! Non deixedes pasar os seus excelentes relatos curtos.



Na nosa biblioteca: Hateship, friendship, courtship, loveship, marriage, Vintage 2001 

mércores, 23 de outubro de 2013

PIDE A TÚA MOCHILA


Pídelle ao teu profesor a túa mochila!

Como xa se fixera en anos anteriores imos por en marcha a actividade da mochila viaxeira. 

É unha actividade de fomento da lectura que consiste nunha especie de biblioteca portátil.   Podes ter a mochila  durante 10 días e despois devolvela á aula para que a leve o seguinte alumno.  

Que hai dentro:

1. unha revista ou exemplar de banda deseñada
2. un DVD cunha película con subtítulos (dependendo do idioma)
3. unha lectura de literatura (pode ser ou non adaptada dependendo do idioma)
4. unha lectura que non sexa literaria, ie, un recetario de cociña, unha guía de viaxes, algo sobre natureza...
5. un caderno para que os alumnos anoten as súas impresións

A idea é que te familiarices cos distintos tipos de texto que podes atopar na biblioteca e con formas de seguir en contacto coa lingua fóra da aula. Non se trata de que leas todo o que contén a mochila, senón que selecciones aquelo que te pareza interesante e que compartas as túas impresións no caderno que vai dentro.

luns, 21 de outubro de 2013

LER CIENCIA


O próximo xoves celébrase o día das bibliotecas escolares co lema "Ler ciencia". Nós temos expostos algúns dos exemplares relacionados co tema que están á túa disposición na biblioteca.

venres, 18 de outubro de 2013

AS FOLLAS CAEN



As follas caen en outono... e as dos nosos libros están a esperar que as recollas e as leas. Visita a nosa biblioteca. Sorprenderaste!

luns, 14 de outubro de 2013

BENVIDA

BENVIDA



Un curso máis a biblioteca da EOI de Pontevedra abre as súas portas para que todo o alumnado poida utilizar as súas instalacións. Este será un ano cheo de novidades e sorpresas que esperamos que sexan do voso agrado.

Non esquezades que esta nova canle nace co fin de que toda a comunidade do centro participe neste espazo cos seus comentarios.

Agardamos e desexamos que vos comuniquedes connosco.

Equipo de dinamización