O lema da nosa biblioteca este curso é : Biblioteca escolar, territorio das artes. Enmarcado neste contexto ofrecémosvos este curso gratuíto de gravación de podcasts. Inscríbete axina que só hai 25 prazas!!!
Data, hora e duración: 7 de decembro ás 17.00 horas no laboratorio de idiomas da EOI.150 minutos.
Solicitudes: cubrir e entregar na conserxaría dende o venres 18 de novembro.
Formador: Damián Alonso, actor de dobraxe con experiencia en locución.
Contidos do obradoiro:
• Nocións básicas de vocalización e dicción.
• Dramatización de textos.
• Exercicios de roll play.
• Análise de podcasts.
• Escritura de textos para ser locutados.
• Aprendizaxe de uso das ferramentas de gravación.
• Edición de son e como subir o podcast a un audioblog, nube
Ningún comentario:
Publicar un comentario