xoves, 28 de decembro de 2017
domingo, 17 de decembro de 2017
30 ANOS ENSINANDO IDIOMAS!
Estades
todos convidados á celebración do trinta aniversario da Escola de
Idiomas de Pontevedra. Traede ás vosas familias e amizades!
martes, 12 de decembro de 2017
CAFÉ OU TÉ?
PRIMEIRA ACTIVIDADE GASTRONÓMICA
O café con letras resultou toda unha experiencia gastronómica! Alumnos e alumnas de todas as linguas convertiron a biblioteca nunha cafetería italiana, nunha tetería inglesa ou mesmo nun roteiro imaxinario polos cafés de Porto.
Xuntos mergullámonos na cultura do café, exploramos os rituais do "British Tea" e deixámonos levar polo arrecendo destes produtos tan lendarios coma saborosos.
Bota unha ollada ás cousas que aprendemos:
- Aprender como pedir un café en inglés
- Falar dos distintos tipos de café en Italia
- Que cafeterías visitar en Porto para respirar un verdadeiro ambiente portugués.
- Servir a "typical British tea".
- E por suposto para falar de libros e de como apaixonarse coa lectura.
xoves, 7 de decembro de 2017
martes, 7 de novembro de 2017
CAFÉ CON LETRAS
Só ou con leite, de calquera maneira combina perfectamente cos libros. Beber e comentar, dous verbos que podes practicar na biblioteca da EOI de Pontevedra. Un espazo e un tempo para exercer a produción oral sen apuro e con ledicia.
Café con letras é a nosa proposta para os meses de novembro e decembro .
Desde o equipo de dinamización da biblioteca (Plambe) colaboramos coa achega do café, infusións e petiscos para converter a produción oral nunha actividade máis lúdica e pracenteira.
Para máis información, pregúntalle á túa profesora ou profesor!
Café con letras é a nosa proposta para os meses de novembro e decembro .
Desde o equipo de dinamización da biblioteca (Plambe) colaboramos coa achega do café, infusións e petiscos para converter a produción oral nunha actividade máis lúdica e pracenteira.
Para máis información, pregúntalle á túa profesora ou profesor!
PARABÉNS AOS GAÑADORES
venres, 20 de outubro de 2017
xoves, 19 de outubro de 2017
24 DE OUTUBRO :DÍA DA BIBLIOTECA
O 24 de outubro celébrase o día da biblioteca. O nosa escola únese a esta efeméride cun concurso e premios para os gañadores. Achégate á nosa biblioteca a vindeira semana e cubre un sinxelo cuestionario con preguntas sobre as normas de uso.
Tamén queremos dar publicidade e animarvos a participar na campaña que o Observatorio de la Lectura y el Libro puxo en marcha con motivo desta conmemoración: soamente tedes que enviar entre o 17 e o 24 de outubro á conta de Twitter ou en Instagram (@observalibro) coa etiqueta #Estoyenlabiblio, fotos tomadas nalgunha biblioteca (aproveitade a nosa!). Poderán ser imaxes tanto vosas a modo de selfie, coma feitas por outro ou doutras persoas. Non esquezades incluír na mensaxe o nome da biblioteca e a localidade onde se atopa. Entre todas as fotos recibidas, o Observatorio de la Lectura y el Libro elixirá as 10 que máis lle gusten e sorteará 3 lotes de libros.
Compartide esas imaxes tamén no facebook e twitter da Escola!!
xoves, 5 de outubro de 2017
NORMAS USUARIO 2017-2018
O servizo de préstamo da nosa biblioteca comeza o vindeiro luns 9 de outubro.
Consulta as norma de uso para este curso
Consulta as norma de uso para este curso
GUÍA DO USUARIO 17-18
View more presentations or Upload your own.
martes, 26 de setembro de 2017
APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR
"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido pola Consellería de Educación con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Aprender a pensar a través dos contos, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas.
Desde o Equipo de Dinamización da Biblioteca propoñemos que este curso aprendamos a pensar na nosa alimentación, en costumes saudables e en como se cociña en distintas partes do mundo.
Saboroso, non é? Pois estade atentos as actividades que iremos colgando neste blog ao longo do curso!!
luns, 5 de xuño de 2017
ENQUISA DE AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA
Axúdanos a mellorar a xestión e as actividades de dinamización da biblioteca!
Só tes que adicarlle dous minutos a cubrir esta enquisa e facermos unha biblioteca mellor.
mércores, 24 de maio de 2017
domingo, 14 de maio de 2017
OBRADOIRO DE CÓMIC EN ITALIANO
Será unha actividade creativa e participativa. Non o podes peder!!
DEBATE CLUBS DE LECTURA
Para rematar as sesións dos clubs de lectura, teremos unha actividade conxunta cos tres clubs de inglés, italiano e portugués o vindeiro luns 15 de maio ás 18.30 na biblioteca. Falaremos do feminismo na obra de Chimamanda Ngozi e doutras moitas cuestións cunha moderadora moi especial: a escritora Susana Sánchez Aríns.
Estades todos convidados!!
Estades todos convidados!!
HAUTE COUTURE NA BIBLIOTECA
A nosa biblioteca encheuse de glamour e arte co obradorio de alta costura francesa a cargo da lectora de francés Marie Estelle Boulon. Grazas a todo/as por terdes participado e parabéns aos deseñadores!
xoves, 4 de maio de 2017
OBRADOIRO DE ALTA COSTURA EN FRANCÉS
Máis arte na biblioteca da EOI! Esta vez tócalle á alta costura. Anímate a participar neste obradoiro en francés para aprender sobre o mundo da moda e demostrar as túas habilidades artísticas.
View more presentations or Upload your own.
venres, 31 de marzo de 2017
CICLO DE CINE : FILMES CON ARTE
luns, 20 de febreiro de 2017
JIVIN´ON DOWN TO HARLEM!
Seguimos fieis ao lema para este curso : Biblioteca escolar territorio das artes e esta vez propoñemos unha actividade que combina baile e música!!
Gústache a arte europea con toques africanos? Convidámoste a asistir á charla en inglés de Jarrett Mc Dowell sobre a era do Renacemento de Harlem. O vindeiro xoves 23 de febreiro ás 18.30 e venres 24 ás 10.30 no salón de actos. Benvidos á era do Jazz!
Gústache a arte europea con toques africanos? Convidámoste a asistir á charla en inglés de Jarrett Mc Dowell sobre a era do Renacemento de Harlem. O vindeiro xoves 23 de febreiro ás 18.30 e venres 24 ás 10.30 no salón de actos. Benvidos á era do Jazz!
xoves, 9 de febreiro de 2017
LIBROS QUE NAMORAN!
Queremos celebrar San Valentín cunha boa lectura. Comparte unha foto dese libro que nalgún intre te namorou no Twitter da EOI coa etiqueta: #librosquenamoran, en Facebook ou neste blog.
Aí vai a nosa pequena aportación:
Aí vai a nosa pequena aportación:
martes, 10 de xaneiro de 2017
BANDA DESEÑADA E NOVELA GRÁFICA NA EOI
Visita a nosa nova sección de banda deseñada e novela gráfica na biblioteca da Escola.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)