domingo, 16 de febreiro de 2014

ALGO ESPECIAL PARA LER HOXE

Á hora de elixir un libro que ler son moitos os factores que inflúen, como xa sabemos. Cantas máis opcións teñamos, moito mellor, opinións de amigos dos que nos fiamos en canto a gustos ou criterios literarios, o que nos recomenden os expertos... Na EOI estamos a preparar a nosa sección de imprescindibles, que ao longo do curso presentaremos. Mentres se vai ultimando, botémoslle unha ollada ao máis recente, os que din os críticos que son os mellores títulos do ano pasado, con especial atención aos idiomas: libros que triunfaron no mundoos vinte mellores do 2013, ...

Cales son os que ti liches en 2013 e consideras imprescindibles para os seguidores do blog? Déixanos un comentario coas túas suxestións. Grazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario