Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
A V Edición celébrase o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.
Desde as bibliotecas escolares de Galicia proponse que se visibilice a obra das escritoras galegas. Nesta compilación podedes atopar distintos fragmentos.
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade a través das redes sociais: #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras
Ningún comentario:
Publicar un comentario