venres, 29 de outubro de 2021

RECOMÉNDAME UN LIBRO

Ás veces as mellores lecturas chegan a través da recomendación dalguén. Na nosa biblioteca atoparás obras nas diferentes linguas que se estudan na escola e tamén adecuadas aos distintos niveis. Este ano queremos que compartades as vosas experiencias literarias cos compañeiros a través de recensións que serán publicadas no taboleiro da entrada. 
Pide unha tarxeta na túa lingua de estudo para escribir a túa recensión cando leves un libro prestado. Tráea de volta e dálla ao profesor que estea de garda ou métea no 'buzón de recensións'. Só por participar entrarás nos sorteos que faremos ao longo do curso e poderás gañar un pequeno agasallo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario