xoves, 9 de xuño de 2022

AS VOSAS RECOMENDACIÓNS DE LIBROS, FILMES E SERIES

Durante todo o curso alumnado de diferentes niveis e linguas pasou pola biblioteca e fixo recensións dos libros que foron lendo. Noutros casos foi o propio profesorado o que propuxo escribir recensións como actividade de aula. Aínda que inicialmente nos centramos nos libros, na recta final do curso tamén lle demos cabida a filmes e series.

Se cadra, agora que xa estamos case na recta final dos exames, algún de vós xa estará pensando en escoller lecturas para este verán. Así, quixemos aforrarvos traballo e facer unha compilación das vosas recensións, para que os vosos consellos cheguen a outros estudantes da escola. Botádelle un ollo!

Recordade ademais que temos a biblioteca con horario especial de préstamo! Hai mil e unha historias agardando por vós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario