xoves, 5 de xuño de 2025

PRÉSTAMO ESPECIAL DE VERÁN

Se che gusta o verán e as lecturas na praia, entón estás de sorte, porque abrimos o Préstamo especial de verán na última semana de maio e a primeira de xuño en horario reducido.

Achégate á biblioteca e leva unha bolsa co logo da Escola e os teus libros favoritos, dos que poderás gozar durante todo o verán.

Aproveita o tempo extra de préstamo!

GAÑADORAS CUESTIONARIO DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Velaquí as gañadoras do cuestionario multilingüe co que celebramos o Día Mundial do Teatro. As premiadas escolleron unha lectura como premio, da que esperemos que gocen. Parabéns!


Es usuario/a da biblioteca? Gústaríache axudanos a mellorar o seu funcionamento? Responde a esta enquisa antes do 31 de maio. Preme na ligazón para completar o formulario.

venres, 25 de abril de 2025

REVOLUÇÃO DE 25 DE ABRIL

Revolução de 25 de Abril: aproveita a data de hoxe para mergullarte nas lecturas, bandas deseñadas, música e filmes que temos a disposición sobre este momento histórico. Atoparalas diante da biblioteca🌹