Finalmente, grazas ás vosas doazóns e compras no mercado solidario de Nadal puidemos recadar 459,20€, que xa foron parar ao Comedor Social de San Franscisco.
Moitas grazas por facelo posible.
Finalmente, grazas ás vosas doazóns e compras no mercado solidario de Nadal puidemos recadar 459,20€, que xa foron parar ao Comedor Social de San Franscisco.
Moitas grazas por facelo posible.
Desde a biblioteca desexámovos unha boas festas cheas das mellores lecturas. Para iso, pomos en marcha o préstamo especial de Nadal. Leva para a casa as túas lecturas e non te preocupes por devolvelas ata que volvamos das vacacións. Vémonos en xaneiro!
Ao longo destas últimas semanas moitos fostes os que vos animastes a contribuír coas vosas doazóns de libros para o mercado solidario de libros de segunda man que imos celebrar a semana que vén.
Aquí tedes as datas e horarios nos que estará en funcionamento no primeiro andar da escola. A doazón mínima será de 2€ por libro e o recadado será para o comedor social de San Francisco.
Agardámosvos!
O equipo da biblioteca e o Departamento de inglés queren convidarte a pasar unha tarde de medo na biblio... en todos os sentidos. E é que para festexar Halloween imos proporvos un obradoiro de tallado de cabazas. Poucas actividades hai tan típicas desta época outonal nos países anglófonos coma o tallado de cabazas. Se cadra tes oído falar das Jack O'lanterns...
De feito, a tradición non fai máis ca medrar e a capacidade artística que algúns amosan non deixa de sorprendernos.
Pois ben, o vindeiro xoves agardamos por vós para pornos mans a obra e deixar voar a imaxinación. Tamén queremos que sexa unha actividade familiar así que, se tedes cativos/as, son benvidos. É esencial anotarse por correo, xa que as prazas son limitadas.
Estamos en pleno proceso de formación de usuarios. Desde o 3 de outubro ata hoxe, 14 de outubro, invitamos ao alumnado a demostrar o moito que saben da biblio. Teñen á súa disposición un cuestionario na súa lingua de estudo:
- Alemán
- Francés
- Galego
- Inglés
- Italiano
Moitos docentes mesmo usaron parte da súa clase para realizar a actividade co alumnado. Finalmente, colocouse unha urna diante da biblioteca para que os alumnos depositen as súas respostas e sortearanse pequenos agasallos entre os participantes que deran coas respostas correctas.
Se aínda non participaches, bule, que é o último día.
O nosa biblio xa volve estar en marcha un curso máis e, coma cada ano, os nosos fondos agardan lectores ávidos.
Desde o luns, 19 de setembro xa podes levar materiais prestados. Recorda que para préstamos temos un horario de atención en base ás gardas do profesorado, mentres que para devolucións temos un buzón onde podes depositar o que precises devolver. Desexámosvos un curso moi proveitoso cheo de lecturas!
Este mes culminamos con un par de visitas o noso traballo arredor da temática do mar deste curso.
As historias de Xurxo fixéronnos reflexionar e acercáronnos máis á importancia que ten o mar para Galicia, non só desde un punto de vista económico, senón tamén cultural. Os asistentes gozaron cos contos que contou Xurxo e mesmo se animaron a cantar con el.
Por outra banda, tivemos un encontro se cadra máis intimista con Tamara Andrés. Tamara trouxo unha excelente escolma de poemas onde o mar era protagonista e debullou o seu significado xunto cos asistentes. Isto foi preparando o camiño para o momento de pórse a escribir, que culminou nun marabilloso recital conxunto.
Moitas grazas aos dous por acercarnos ao mar desde dous puntos de vista tan distintos, agora que a nos travesía tamén se vai achegando ao súa fin.