venres, 15 de outubro de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS 2021

O vindeiro 18 de outubro homenaxeamos ás mulleres escritoras. Como todos sabemos, estas mulleres pasaron moitas veces desapercibidas na historia sen obter o recoñecemento que merecían. Neste día queremos achegalas a vós e visibilizar o seu traballo. Desde a biblioteca preparamos unha escolma de obras escritas por mulleres en diferentes linguas, que atoparedes no segundo andar da escola. Animádevos a levar algunha delas para a casa!







Ningún comentario:

Publicar un comentario