domingo, 3 de outubro de 2021

VEN COÑECER A BIBLIO

Queremos que o outono sexa tempo de novas lecturas para todos vós. Que mellor momento para achegáreste á biblioteca da escola para esculcar os nosos fondos e aprender como funciona?

Ademais, ser aplicado ten premio. Diante da biblioteca atoparás un cuestionario na lingua que estudas. Segue as instruccións e participa entre o 4 e o 15 de outubro.

Se es moi curioso e non podes agardar, podes ver as preguntas aquí:

Alemán - Lerne die Bibliothek

Francés - Connaissons notre bibliothèque

Galego - Coñece a biblioteca

Inglés - Getting to know our library

Italiano - Conosci la biblioteca

Portugués - Conhece a biblioteca

Non esquezas consultar a nosa guía de usuario tampouco, xa que che será de axuda: 




Ningún comentario:

Publicar un comentario