Pídelle ao teu profesor a túa mochila!
Como xa se fixera en anos anteriores imos por en marcha a actividade da mochila viaxeira.
É unha actividade de fomento da lectura que consiste nunha especie de biblioteca portátil. Podes ter a mochila durante 10 días e despois devolvela á aula para que a leve o seguinte alumno.
Que hai dentro:
1. unha revista ou exemplar de banda deseñada
2. un DVD cunha película con subtítulos (dependendo do idioma)
3. unha lectura de literatura (pode ser ou non adaptada dependendo do idioma)
4. unha lectura que non sexa literaria, ie, un recetario de cociña, unha guía de viaxes, algo sobre natureza...
5. un caderno para que os alumnos anoten as súas impresións
A idea é que te familiarices cos distintos tipos de texto que podes atopar na biblioteca e con formas de seguir en contacto coa lingua fóra da aula. Non se trata de que leas todo o que contén a mochila, senón que selecciones aquelo que te pareza interesante e que compartas as túas impresións no caderno que vai dentro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario