venres, 21 de febreiro de 2014

LER NA TÚA LINGUA



"As linguas locais constitúen a maior parte das linguas que se falan no noso planeta no ámbito científico. Son tamén as máis ameazadas. Coa exclusión das linguas, os seus falantes vense privados do seu dereito humano fundamental ao coñecemento científico."



Extracto da mensaxe de Irina Bokova,
Directora Xeral da UNESCO


As linguas son os instrumentos máis poderosos para preservar e desenvolver o noso patrimonio cultural, tanto o tanxible coma o intanxible. Todas as iniciativas dirixidas a difundir as linguas maternas servirán non só para incentivar a diversidade lingüística e o multilingüismo, senón tamén para crear unha maior conciencia acerca das tradicións culturais en todo o mundo e promover a solidariedade baseada no entendemento, a tolerancia e o diálogo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario