luns, 12 de marzo de 2018

NOMOFOBIA: A ADICCIÓN DO SÉCULO XXI

Non podes saír da casa sen o teu móbil? Sintes ansiedade cando o teu teléfono fica apagado ou sen batería? Se presentas estes síntomas poida que padezas de Nomofobia. Este termo provén da expresión inglesa "no-mobile-phone-phobia" e fai referencia ao medo irracional que sinten algunhas persoas cando non poden usar os seus dispositivos móbeis. Segundo os últimos estudios, os niveis de estrés dunha persoa con nomofobia son equiparables aos nervios que se teñen o día antes de casar ou os minutos previos a una consulta no dentista!

Queres saber máis do tema? Bota unha ollada aos "Mindmaps" que fixeron os alumnos/as de inglés como parte do proxecto "Un estudante san, un mellor estudante":

Ningún comentario:

Publicar un comentario