martes, 28 de marzo de 2023

I CONCURSO 'SELFIE LINGÜÍSTICO'

A EOI de Pontevedra convoca un concurso para por a proba o voso enxeño.

Trátase dun concurso de 'selfies' que retraten unha frase feita/dito que teña que ver coa vestimenta/moda ou refrán na lingua de estudo do alumnado. Haberá seis categorías, unha por lingua e o premio para cada unha delas é un vale de 20€. O xurado estará integrado polo profesorado de cada Departamento e valorarase calidade, creatividade, orixinalidade e relación co tema do concurso. A data límite para participar é o venres, 21 de abril e as participacións envíanse a: plambe.eoipontevedra@gmail.com 

Podes consultar as bases aquí e descargar o modelo nestoutra ligazón.




Ningún comentario:

Publicar un comentario