venres, 7 de xuño de 2024

GAÑADORAS DE "UNS PARRULOS MOI CÓMICOS"

Na última actividade proposta pola biblioteca tivemos participantes en inglés, francés e portugués. Moitas grazas por darlles voz aos parrulos. Se premedes na imaxe, poderedes ver todas as participacións, así como as que gañaron.


Velaquí a gañadora de inglés, de Lola Fontán, alumna de C1.2:



Aquí tedes á gañadora de francés, de Laura Campos, alumna de B2.2:


Finalmente, aquí temos á gañadora de portugués, de Beatriz Chamadoira, alumna de C1.


As premiadas recibiron un vale de 20€ para mercar as súas lecturas do verán nunha librería local. Parabéns!!


Foi un ano intenso de banda deseñada. Se quedastes con ganas de máis, recomendámosvos que pasedes polo Bdra Gráfica, cuxa segunda edición terá lugar entre o 27 e o 30 de xuño. Tedes máis información na seguinte ligazón

Ningún comentario:

Publicar un comentario