martes, 1 de outubro de 2024

COÑECE A BIBLIO! A NOSA PRIMEIRA ACTIVIDADE

Se xa es un experto usuario da biblioteca, esta non gardará segretos para ti. Se pola contra es novo na escola, tes moito que descubrir. Por que non comezar polo cuestionario que atoparás diante na biblioteca? Colle un formulario na túa lingua de estudo e insíreo na urna. Haberá algún que outro agasallo!

 Sexas veterano ou "novato", achégate á biblio e demostra cando sabes dela! 📚 🤓


Este ano o lema das bibliotecas escolares é "Biblioteca escolar. A escena!". Xa que logo, o teatro centrará a nosa atención. 

Esperamos poder ampliar os nosos fondos dese xénero ao longo do curso. Atréveste a descubrir as obras que xa temos dispoñibles?

Pontevedra é unha cidade que conta con moita oferta cultural en canto a teatro se refire. Nestes momentos está en marcha a 2ª Mostra de Teatro de Barrio, obras para as que podes atopar entradas aquí.


Por outra banda, en outubro e novembro, haberá unha nova edición do Ponteatro (comeza o 10 de outubro). Podes atopar máis información sobre o programa aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario