luns, 10 de marzo de 2025

TROCA DE LIBROS

A EOI de Pontevedra participa nunha nova edición da "Troca de Libros" que se organiza ao abeiro do Salón do Libro. Podes intercambiar os teus libro por un vale en conserxería desde xa mesmo.



Este ano tamén terás a opción de incluír unha "tarxeta dedicatoria" no libro que does. Pregunta en conserxería. Tamén teremos unha folliña de seguimento para que os lectores vaian anotando as súas valoracións e para seguir as moitas vidas dos exemplares de troca en troca.

 

Vémonos o 30 de marzo no Pazo da Cultura para proporcionarvos novas lecturas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario