venres, 21 de xaneiro de 2022

🖼 CONCURSO 'O MAR TEN A PALABRA': A HORA DA VERDADE

Se reparastes nos corredores da Escola, seguro que vos decatastes de que xa estás expostas as fotografías dos 36 participantes no concurso de fotografía 'O mar ten a palabra', que puxemos en marcha antes do Nadal. 


Agora vén o mellor e máis difícil considerando a calidade das achegas, pero hai que mollarse. Hai que votar! Ademais de valorar as fotos tamén vos podedes deleitar nas evocadoras descricións das que van acompañadas. Podedes votar por ata 3 fotos seguindo as instruccións que tedes á entrada da Escola. 

Ademais, ampliamos o prazo de votación ata o vindeiro venres 28 de xaneiro.

Axúdanos a escoller as dúas fotos gañadoras! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario