domingo, 20 de febreiro de 2022

VÓS TEDES A PALABRA: VIVIR O MAR

Este ano todo xira arredor do mar na escola e, neste contexto, pensamos que era moi importante darlle voz á xente do mar.

Disque media Galicia vive do mar e non nos debería sorprender. Seguro que coñeces alguén.

A idea é que entrevistes a esa persoa en galego. Ti decides como enfocas a entrevista (aprox. 10-15 minutos). Mándanola a plambe.eoipontevedra@gmail.com antes deo 10 de marzo e publicarémola na radio escolar. Despois teremos ocasión de votar pola nosa favorita e haberá un premio para as dúas máis votadas. 

Devecemos por escoitar o que a xente do mar nos ten que dicir!

Na seguinte presentación atoparás máis información sobre como participar nesta actividades. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario