mércores, 23 de marzo de 2022

DÍA MUNDIAL DA POESÍA - 21 de marzo

Alén da chegada da primavera, luns 21 de marzo foi o Día Mundial da Poesía. Desde a escola unímonos á celebración e invitamos os estudantes a encher cos seus poemas favoritos o noso recuncho poético ao longo desta semana. Botádelle un ollo, atoparedes poemas en diferentes linguas e das máis diversas épocas. Os máis valentes incluso se atreveron con traballos propios, unha maneira excelente de ir abrindo boca para o obradoiro de poesía que temos previsto realizar en abril.

Ningún comentario:

Publicar un comentario