xoves, 22 de febreiro de 2024

TROCA DE LIBROS! 📚

Por segundo ano participaremos na Troca de Libros que organiza o IES Torrente Ballester. Aquí podedes ver que outros centros van estar presentes.


O funcionamento é moi simple. Só tes que traer un libro á conserxería da escola e recibirás un vale para ir á troca o 10 de marzo. Alí, poderás intercambialo por un libro de calquera dos centros participantes.
Anímate a participar para renovar as túas lecturas e darlle unha nova vida aos libros que xa liches.


Ningún comentario:

Publicar un comentario