O pasado 10 de marzo tivo lugar a troca de libros na que participaron varios centros educativos de Pontevedra, entre eles, a Escola Oficial de Idiomas. Pola nosa mesa pasaron pequenos e grandes, que puideron atopar libros en varias linguas.
Este ano vai de banda deseñada e, para celebralo, recibimos a Kiko da Silva na EOI para facer un percorrido pola historia da banda deseñada. Encantounos todo o que nos contou para achegarnos este xénero. Aquí o tedes en acción.
Por último, tamén co gallo do lema das bibliotecas escolares deste ano, a EOI convocou un concurso de banda deseñada. Os participantes debían presentar unha proposta na que a historia tivera lugar na propia escola, atendendo as seguintes bases. Rematado xa o prazo de entrega, axiña saberemos quen gañaron as clases de pintura. Estade atentos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario